Rafael Anido

domingo 7 de xullo do 2024, por Administrator

Licenciado en dereito pola Uned, master en avogacía pola Universidade da Coruña. Ao longo da súa traxectoria vital ten participado en diversas iniciativas e colectivos tanto do ámbito social como cultural, o que lle permitiu coñecer de primeira man as súas problemáticas e necesidades. Destacamos entre outros a súa participación no espazo autoxestionadoNave 1839 ( A Coruña), o disco recompilatorio de música alternativa Galician Bizarreou o colectivo de reivindicación cultural CAIN ( Vigo). fai música desde hai 25 anos ata a actualidade, editando diversos discos tanto en solitario como en diferentes formacións.

No ámbito social ten participado entre outros na Asociación Proxecto Cárcere, buscando a recuperación e cesión do antigo cárcere da Coruña, participa de diversos colectivos de defensa do bosque autóctono galego como as Brigadas Verdegaia ou o ProxectoCouto de Eirexiña. Xunto con outros compañeiros dentro da Asociación Avogados Novos de Vigo, traballa no equipo xurídico que apoia a presentación de querelas contra os crimes de lesa humanidade cometidos durante o franquismo.

Na actualidade Rafa segue adiante coa súa faceta artistica, todo o que o tempo e enerxías dispoñibles permítelle. De feito en leste mesmo ano 2024 sacou un novo disco como "Signora Anido" que podeis escoitar e chegado o caso comprar en formato fisico na seguinte ligazón: https://sranido.bandcamp.com/album/signora-anido-20-2

rafaelanido@despacho.eu