-
Abrimos despacho
Dedicado ao asesoramento, a defensa e a investigación xurídica, Despacho é o proxecto das avogadas Ania González Castiñeira e Rafael Anido Alonso, membros do Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo, de referencia en Galicia en materia de Dereito da Cultura. Artistas, colectivos, asociacións, cooperativas, fundacións, empresas, así como as diferentes administracións e entidades que conforman o Sector Público poden atopar neste despacho un servizo de acompañamento para a definición, tramitación administrativa, financiamento, defensa e protección legal das súas iniciativas, proxectos e políticas públicas.
-
Repercusións legais da fotografía artística na rúa
A fotografía artística realizada nun espazo público, cando o único que se capta é unha paisaxe, non supón ningún problema legal. Non ocorre o mesmo cando o que se capta son imaxes de persoas.
-
Encontro sobre vivenda comunitaria e en cesión de uso no lago Wansee
Durante a primeira semana de abril de 2024, reunímonos nunha colonia vacacional á beira do lago Wansee, a uns 30 quilómetros de Berlín, a un grupo de persoas de toda Europa, para compartir experiencias en proxectos de vivendas compartidas e en cesión de uso.
-
Dereitos culturais. Un novo paradigma para a cultura que vén
A nosa compañeira Ania González participa na xornada sobre dereitos culturais organizada polo Consello da Cultura Galega na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón xunto á Directora Xeral de Cultura Jazmin Beirak, Diego Garulo, Tony Murphy e Mercedes Queixas.