Asesoramento, defensa e investigación xurídica

Espacio para a creación dentro do mundo do dereito e o dereito dentro do mundo da creación.

Arte, cultura, cumprimento e esixencia normativa son as nosas ferramentas para a defensa dun contrato social máis xusto para todas, persoas, entidades públicas, comunidades e empresas privadas.

O noso equipo está formado por:

  • JPEG - 1.1 MB

    Ania González

    Licenciada en Dereito. Máster en Avogacía (UVIGO). Especialista en estudos museísticos e teoría crítica polo Programa de Estudos Independente do Museo de Arte Contemporánea de Barcelona. Combina a súa actividade profesional como consultora institucional e de políticas públicas coa docencia e o exercicio da avogacía no ámbito do dereito privado e da cultura. Avogada da Academia Galega do Audiovisual (AGA) e da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e CEDRO en Galicia.

    aniagonzalez@despacho.eu

  • JPEG - 1 MB

    Rafael Anido

    Licenciado en Dereito. Máster en Avogacía (UDC). Participa en diferentes colectivos do ambito cultural e medioambiental como Nave 1839, Proxecto Cárcere, Verdegaia ou Couto de Eirixiña. Autor musical (Sr. Anido) e membro de numerosas bandas coas que edita diferentes álbumes. Colabora na edición do disco Galician Bizarre. Na actualidade é asesor da Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM), do espazo comunitario The Foundry ou do proxecto de vivenda comunitaria Futuro Habitable

    rafaelanido@despacho.eu